17 marzo 2006

 

POR FIN LLEGÓ EL DÍA

Por fin llega el día 19, despues de dimes y diretes, de publicación de normas tipo enciclopedia inglesa, de correpción de errores en no menos proporciones, de agravios comparativos entre provincias, de restrinciones drasticas, etc. etc. , todavia queda la orden de vedas sin salir, esperemos que se adapte a los dogas publicados, ..llega el día, llega la hora de relajarse de la tensión sufrida y de la espera, el momento de la diversión, tenemos mas de cien dias por delante para hacerlo, por ello no debemos de precipitarnos, comportemonos con talante, con respeto y eduación, seamos maestros de los que no saben y aprendamos de los que nos pueden enseñar, respetemos el medio , valoremos el esfuerzo de los demas, de los que día a día trabajan para que todo esté listo para este momento, reconozcamos que nada es gratis que todo tiene su coste si no es en dinero es en esfuerzo y alguien lo hace por nosotros, en definitiva seamos deportistas.
En cuanto a las truchas recordad que nada hay mas satisfactorio que el perdonarle la vida al enemigo, aunque yo creo que es mucho mas satisfactorio el perdonarsela a un amigo y las truchas lo son, por lo tanto capturala y sueltala.
Buena pesca pero sobre todo que disfruteis.

01 marzo 2006

 

Orden de vedas y comites

Salió la orden de vedas 2006, y estemos de acuerdo con ella o no estemos, da igual, debemos hacer una reflexión:
" Para que vale lo acordado en reuniones, comites etc. quien desmiente, ante las sociedades a quien representamos, lo comentado de acuerdo con lo tratado en estos comites y reuniones y lo publicado en la orden de vedas 2006, acaso van a enviarles el acta del comite a cada sociedad, por cierto de momento no se envió a los miembros del mismo, para que vean que lo acordado en el comite no se traduce en la orden, creimos que empezabamos con buen pie, nos hicieron muchas promesas, de momento incumplidas, esperabamos cambios y seriedad, de momento solamente tenemos cambios..... esperemos.

 

ORDEN DE VEDAS 2006


CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Orde do 22 de febreiro de 2006 pola que se establecen as normas de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada de 2006.
Os artigos 46 e 47 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio), recollen a obriga da Administración de adoptar, mediante unha orde anual, as normas xerais de pesca fluvial de distintas especies ictícolas e dos demais seres vivos que habitan as augas continentais de Galicia.
Neste sentido, establécense nestes artigos os contidos mínimos das normas xerais que deben figurar na orde, así, épocas hábiles, tamaños mínimos das especies e as cotas de captura, tipos de cebo que se empregarán con cada especie e as modalidades de pesca permitidas, prevéndose, así mesmo, a súa aprobación polo conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Consecuentemente, e en virtude dos artigos 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e o seu presidente, na súa redacción dada pola ei 11/1998, do 20 de outubro,
DISPOÑO:
Artigo 1º.-Normas para a pesca do salmón.
1. Períodos hábiles.
Coutos de Abres, A Pontenova e San Tirso: do 26 de marzo ao 15 de xullo. Coutos de Betanzos, Celeiro, Couso, Frieira, Monteporreiro, Salmeán, Sinde e Ximonde: do 1 de maio
ao 31 de xullo. Outras masas de auga: non se autoriza a captura do salmón.
2. Dimensións mínimas e cotas de captura.
Para os efectos do disposto no artigo 20 da Lei de pesca fluvial e no 71 do seu regulamento, fíxase unha dimensión mínima de 40 cm. Cota de captura por persoa e xornada: un exemplar.
Cotas anuais de captura: 15 exemplares no río Lérez,
5 no río Mandeo, 40 no río Masma, 5 no río Miño, 40 no río Ulla e 10 no couto de Salmeán. No resto dos coutos autorizados no río Eo non se establece cota anual de captura.
3. Engados.
Engados artificiais autorizados: mosca artificial, culleriña e peixes artificiais ou semellantes. Do 1 de xuño ata a fin da tempada prohíbese a culleriña, coa única excepción do couto de Frieira.
Engados naturais autorizados: miñoca e quisquilla. Só poderán empregarse con anzois de dimensións maiores ou iguais que as que se sinalan no anexo I desta orde.
4. Prescricións especiais para as capturas de salmón.
En todos os salmóns capturados comprobarase a existencia de micromarcas magnéticas na cartilaxe nasal no momento de seren precintados e guiados. Dado que os salmóns micromarcados proceden das repoboacións efectuadas pola Administración galega ou por outras administracións españolas ou estranxeiras, débense recuperar as micromarcas mediante a extracción dun fragmento da cartilaxe nasal no que se atope a citada micromarca magnética. Nestes casos, deberase prestar a colaboración necesaria e permitir a permanencia do salmón no centro de precintaxe o tempo necesario para a recuperación da micromarca magnética, propiedade da administración autora da repoboación.
Artigo 2º.-Normas para a pesca do reo.
1. Períodos hábiles.
Coutos de Betanzos, Celeiro (lotes 2 e 3), Couso, Lambre, Monteporreiro, Noia, Noval, Ombre, Ponte Arnelas, A Ponte do Porto, Ribeiras, Segade, Sinde, Viveiro (lotes 2 e 3), Ximonde e Xuvia: do 1 de maio ao 30 de setembro. Coutos de Abres, A Pontenova e San Tirso: do 20 de maio ao 15 de agosto. Zonas de desembocadura (anexo do Decreto 282/2002): non se autoriza a captura do reo.
Outras masas de auga: do 1 de maio ao 15 de agosto.
2. Dimensións mínimas e cotas de captura.
Para os efectos do disposto no artigo 20 da Lei de pesca fluvial e no 71 do seu regulamento, fíxase unha dimensión mínima de 30 cm.
Cota de captura por persoa e xornada: cinco exemplares.
Nos coutos de Abres, A Pontenova e San Tirso a dimensión mínima será de 25 cm e a cota de captura de 8 troitas ou reos.
3. Engados.
Engados artificiais autorizados: mosca artificial, culleriña, risco e peixes artificiais e semellantes.
Engados naturais autorizados: todos os engados naturais agás todo tipo de ovas de peixes e o peixe natural vivo, morto ou en anacos. Os engados naturais só poderán empregarse con anzois de dimensións maiores ou iguais que as que se sinalan no anexo I desta orde.
Prescricións especiais para engados artificiais nas masas de auga salmoneiras do anexo II: a culleriña e mais os peixes artificiais e semellantes só se poderán empregar con sedela monofilamento dun diámetro menor ou igual a 0,2 mm. A culleriña terá un tamaño máximo
de 6,5 cm, medidos entre a argola superior e a curvatura do anzol. Prescricións especiais para cebos naturais nas masas de auga salmoneiras do anexo II: unicamente se autorizan a mosca natural, o saltón, o grilo, o besbello (larva de odonato) e mais a gusarapa ou bechoco (larva de efemeróptero). Estes engados naturais autorizados unicamente poderán empregarse a floreo (en superficie). Prescricións especiais para determinadas épocas e lugares: no anexo VIII establécense as masas de auga cunha regulación especial de engados en épocas de estiaxe ou en tramos concretos.
Artigo 3º.-Normas para a pesca da troita.
1. Períodos hábiles.
Masas de auga salmoneiras do anexo II desta orde: do 1 de maio ao 15 de agosto.
Masas de auga de reo do anexo III desta orde: do 1 de maio ao 15 de agosto.
Cabeceiras de ríos de montaña do anexo IV desta orde: do 1 de maio ao 15 de agosto.
Coutos e tramos de pesca sen morte: do 19 de marzo ao 30 de setembro.
Coutos de pesca intensiva: do 19 de marzo ao 30 de setembro.
Coutos de Abres, A Pontenova e San Tirso: do 20 de maio ao 15 de agosto.
Tramo do río Navia compartido con Asturias: do 26 de marzo ao 15 de agosto.
Outras masas de auga: do 19 de marzo ao 15 de agosto.
Zonas de desembocadura (anexo do Decreto 282/2002): non se autoriza a captura da troita.
2. Dimensións mínimas e cotas de captura.
Para os efectos do disposto no artigo 20 da Lei de pesca fluvial e no 71 do seu regulamento, fíxase unha dimensión mínima de 17 cm con carácter xeral, sen prexuízo das normas específicas que se establecen neste mesmo artigo para determinadas masas de auga.
Cota máxima de captura por persoa e xornada: 10 exemplares, sen prexuízo das normas específicas que se establecen neste mesmo artigo para determinadas masas de auga.
Normas específicas en masas de auga do anexo V: dimensión mínima 19 cm ou 21 cm, e cota de 8 exemplares por persoa e xornada.
Normas específicas en encoros dos anexos VI e VII: dimensión mínima 23 cm e cota de 5 exemplares por persoa e xornada.
Normas específicas nos coutos de Abres, A Pontenova e San Tirso: dimensión mínima 25 cm e a cota de 8 troitas ou reos por persoa e xornada.
Nunha masa de auga concreta non se poderá estar en posesión de troitas de menor tamaño que o autorizado, mesmo cando fosen pescadas noutro lugar, agás no caso de que se estea de paso, con todos os aparellos e engados recollidos e, se é o caso, as canas pregadas.
Nos ríos nos que haxa troita e mais reo, só se poderá capturar un número de pezas igual ao da cota da troita, das que un máximo de cinco exemplares poderán ser reos, coa excepción antes sinalada nos coutos de Abres, A Pontenova e San Tirso.
Os salmónidos procedentes de fuxidas accidentais de centros de acuicultura, caso da troita arco da vella (Oncorhynchus mykiss), poderán ser capturados sen límite no tamaño mínimo nin na cota de captura.
3. Engados.
Engados artificiais autorizados: mosca artificial, culleriña e peixes artificiais e semellantes.
Engados naturais autorizados: todos os engados naturais agás todo tipo de ovas de peixes e o peixe natural vivo, morto ou en anacos. Os engados naturais só poderán empregarse con anzois de dimensións maiores ou iguais que as que se sinalan no anexo I desta orde.
Prescricións especiais para cebos artificiais nas masas de auga salmoneiras do anexo II: a culleriña e mais os peixes artificiais e semellantes só poderán empregarse con sedela monofilamento dun diámetro menor ou igual a 0,2 mm. A culleriña terá un tamaño máximo de 6,5 cm, medidos entre a argola superior e a curvatura do anzol.
Prescricións especiais para cebos naturais nas masas de auga salmoneiras do anexo II: unicamente se autorizan a mosca natural, o saltón, o grilo, o besbello (larva de odonato) e mais a gusarapa ou bechoco (larva de efemeróptero). Estes engados naturais autorizados unicamente
poderán empregarse a floreo (en superficie).
Prescricións especiais para determinadas épocas e lugares: no anexo VIII establécense as masas de auga cunha regulación especial de engados en épocas de estiaxe ou en tramos concretos.
Artigo 4º.-Normas para a pesca dos ciprínidos e da perca negra.
1. Períodos hábiles.
Masas de auga salmoneiras do anexo II desta orde: do 1 de maio ao 15 de agosto.
Masas de auga de reo do anexo III desta orde: do 1 de maio ao 15 de agosto.
Cabeceiras de ríos de montaña do anexo IV desta orde: do 1 de maio ao 15 de agosto.
Encoros do anexo VI: todo o ano.
Outras masas de auga: do 19 de marzo ao 15 de agosto.
2. Engados.
Engados específicos autorizados para a perca negra: peixes artificiais, engados de superficie (comunmente coñecidos como poppers e plugs) e engados de materiais plásticos ou semellantes (comunmente coñecidos como vinilos).
Autorízase cebar as augas para a captura de ciprínidos nos encoros do anexo VI. Esta ceba das augas poderá realizarse con engados vexetais ou pensos. A partir do 15 de agosto, nos encoros do anexo VI poderanse empregar anzois de calquera tamaño para a captura de ciprínidos con engados vexetais ou asticot, quedando prohibidos outros engados.
Artigo 5º.-Normas para a pesca da saboga e da zamborca.
1. Períodos hábiles.
Tramo do río Ulla comprendido entre 1 km augas abaixo do límite inferior do couto de Couso e a desembocadura: do 1 de maio ao 12 de xuño.
Tramo do río Umia comprendido entre o límite superior do couto de Ponte Arnelas e a desembocadura: do 1 de maio ao 12 de xuño.
Outras masas de auga: non se autoriza a captura da saboga e da zamborca.
2. Dimensións mínimas e cotas de captura.
Para os efectos do disposto no artigo 20 da Lei de pesca fluvial e no 71 do seu regulamento, fíxase unha dimensión mínima de 20 cm.
Cota de captura por persoa e xornada: cinco exemplares.
Artigo 6º.-Normas para a pesca da anguía.
1. Períodos hábiles.
Masas de auga salmoneiras do anexo II desta orde: do 1 de maio ao 15 de agosto.
Masas de auga de reo do anexo III desta orde: do 1 de maio ao 15 de agosto.
Zonas de desembocadura (anexo do Decreto 282/2002): todo o ano.
Outras masas de auga: do 19 de marzo ao 15 de agosto.
2. Dimensións mínimas.
Para os efectos do disposto no artigo 20 da Lei de pesca fluvial e no 71 do seu regulamento, fíxase unha dimensión mínima de 20 cm con carácter xeral e de 30 cm no río Eo.
3. Réxime especial da angula ou meixón.
A pesca da angula ou meixón rexerase polas seguintes normas:
-Período hábil: do 1 de novembro ao 31 de marzo.
-Masas de auga autorizadas: zonas de desembocadura das provincias de Lugo e A Coruña (anexo do Decreto 282/2002).
-A pesca efectuarase durante as seis horas de subida da marea nocturna, desde o quinto día anterior á lúa nova ata o quinto día posterior, isto é, durante 11 noites
consecutivas.
-Só se autoriza a captura desde terra, quedando prohibida para todos os efectos a pesca desde embarcación.
-A única arte autorizada é o trueiro ou cribo, cun diámetro máximo na boca de 70 cm.
-En función da evolución da tempada, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza, por proposta do Servizo Provincial de Conservación da Natureza, poderá restrinxir a pesca nunha ou varias zonas, establecer cotas de captura, modificar as datas da campaña ou establecer cantas normas complementarias sexan precisas para garantir o correcto desenvolvemento da temporada de pesca da angula e protexer o recurso.
Artigo 7º.-Réxime especial da lamprea.
A pesca da lamprea autorízase unicamente nos ríos Tea e Ulla.
As normas de pesca son as que se recollen na Resolución do 7 de outubro de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dita a normativa para a pesca da lamprea no río Ulla e se fixa o período e condicións para presentar as solicitudes para a súa adxudicación no vindeiro ano 2006 (Diario Oficial de Galicia nº 208, do 28 de outubro) e mais na Resolución
do 7 de outubro de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dita a normativa para a pesca da lamprea no río Tea e se fixa o período e condicións para presentar as solicitudes para participar no sorteo de postos de pesca, no vindeiro ano 2006 (Diario Oficial de Galicia nº 208, do 28 de outubro, corrección de erros no Diario Oficial de Galicia nº 223, do 21 de novembro). Artigo 8º.-Réxime especial do cangrexo vermello americano.
1. Períodos hábiles.
Encoros de Sabón e Cecebre (agás tramos vedados): todo o ano. Ríos Sil e Bibei: todo o ano.
Ríos Furnia, Hospital e Pego (afluentes do Baixo Miño) augas abaixo da estrada PO-552 (Vigo-Tui) en todos os casos: todo o ano. Canles e charcas da antiga lagoa de Antela, charcas dos Milagres (concello de Maceda), charcas de Rioseco (concello de Paderne de Allariz), charcas de Niñodaguia (concello de Xunqueira de Espadanedo) e graveiras de Oímbra (concello de Oímbra): todo o ano. Tramo do río Xallas entre a presa de Ventín e a presa do encoro da Fervenza: do 19 de marzo ao 15 de agosto.
Outras masas de auga: non se autoriza a captura do cangrexo vermello americano.
2. Dimensións mínimas e cotas de captura.
Non se establecen dimensións mínimas nin cotas de captura.
3. Artes de pesca.
A única arte autorizada é o trueiro. Cada persoa só poderá empregar un máximo de 10 trueiros.
4. Normas adicionais.
Cada persoa non ocupará cos seus reteis máis de 100 m de río ou de beira de encoro.
Prohíbese a comercialización das capturas.
Todas as capturas deberán ser sacrificadas na zona de pesca, para isto, inmediatamente despois da captura de cada animal haberá que quitarlle o apéndice central da cola, de tal xeito que se saque tamén parte do tubo dixestivo do animal.
En función da evolución da tempada, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza, por proposta do Servizo Provincial de Conservación da Natureza, poderá restrinxir a pesca nunha ou varias zonas, establecer cotas de captura, modificar as datas da campaña ou establecer cantas normas complementarias sexan precisas para garantir o correcto desenvolvemento da temporada de pesca.
Artigo 9º.-Réxime especial de especies de esteiro (robaliza, muxo, solla...).
1. Períodos hábiles.
Masas de auga salmoneiras do anexo II desta orde: do 1 de maio ao 15 de agosto.
Masas de auga de reo do anexo III desta orde: do 1 de maio ao 15 de agosto.
Zonas de desembocadura (anexo do Decreto 282/2002): todo o ano.
Outras masas de auga: do 19 de marzo ao 15 de agosto.
2. Dimensións mínimas e cotas de captura.
A dimensión mínima de captura para cada unha destas especies será a establecida na normativa de pesca marítima.
A cota máxima de capturas por persoa e día será de 5 kg para o total de pezas capturadas, podendo non computarse o peso dunha peza. Só se permitirá a tenza dunha peza que exceda o peso do tope establecido.
3. Engados.
Engados autorizados: xorra ou becho de mar (Nereis sp), pulga de mar ou miolo de pan. Así mesmo, autorízase a pesca deportiva de cefalópodos con poteira.
Artigo 10º.-Especies vedadas.
Védanse en todas as masas de auga as seguintes especies: cangrexo de río (Austropotamobius pallipes pallipes), reñosa (Rutilus arcasii) e espiñento (Gasterosteus aculeatus).
Artigo 11º.-Xornadas hábiles.
Decláranse os luns como inhábiles para a pesca, agás festivos nacionais ou autonómicos.
Nos tramos do río Navia compartidos con Asturias e nos coutos de Abres, A Pontenova e San Tirso serán inhábiles os xoves, agás festivos nacionais.
Artigo 12º.-Horas de pesca.
De conformidade co disposto no artigo 31.3º da Lei de pesca fluvial, só se poderá practicar a pesca no período comprendido entre unha hora antes da saída do sol e unha hora despois da posta.
Dez minutos antes do comezo e dez minutos despois da finalización da xornada de pesca todos os aparellos e engados deberán estar recollidos e, se é o caso, as canas pregadas.
Artigo 13º.-Modalidades de pesca.
Como regla xeral, e para todas as especies, só se autoriza a pesca con cana, sen prexuízo da regulamentación específica da anguía, angula ou meixón, lamprea e cangrexo vermello americano.
Prohíbese o aparello coñecido como de ninfa e calquera outro semellante, lastrado no seu extremo e que arrastre polo fondo.
Artigo 14º.-Canas de pescar e utensilios auxiliares.
De conformidade co disposto no artigo 51 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, para a pesca de salmónidos en tramos de ríos só se permite o emprego dunha cana por persoa e dunha sacadeira ou un lazo como elemento auxiliar.
Para a pesca desde embarcacións só se poderá empregar unha cana por persoa, autorizándose un máximo de tres canas por embarcación, aínda que o número de persoas embarcadas sexa maior.
Nas zonas de desembocadura (anexo do Decreto 282/2002) e nos encoros que se relacionan nos anexos VII e VIII desta orde, autorízase o emprego de dúas canas desde a beira e a unha distancia máxima do pescador ou pescadora de tres metros.
Artigo 15º.-Pesca desde embarcación.
De conformidade co disposto no artigo 17 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, só se poderá pescar desde embarcacións ou artefactos boiantes naquelas masas de auga expresamente autorizadas nos anexos VII e VIII desta orde, sen prexuízo das competencias dos organismos responsables da navegación e a flotación nas
zonas de desembocadura ou nas masas de auga continentais.
Artigo 16º.-Pesca sen morte.
Nos coutos e tramos de pesca sen morte rexerán as seguintes normas:
-Autorízanse unicamente a mosca artificial nas súas distintas modalidades e a culleriña cun só anzol e sen arponciño, quedando prohibido para todos os efectos o engado natural.
-Todas as capturas deberán ser devoltas á auga inmediatamente despois da súa extracción.
-Non se poderá ter ningún peixe, aínda que fose pescado noutro tramo.
-Os mércores poderán reservarse os permisos de couto para actividades educativas, solicitadas por entidades interesadas na mellora do medio fluvial. Nestes casos expediranse os permisos gratuitamente, podéndose ampliar o número máximo de permisos por causas xustificadas.
Artigo 17.-Vedas e réximes especiais.
Védanse as masas de auga que se relacionan no anexo IX desta orde. Apróbanse os réximes especiais provinciais que figuran no anexo X desta orde.
Artigo 18.-Normativa dos coutos.
Apróbase a normativa dos coutos de pesca que figura no anexo X desta orde.
Disposicións adicionais
Primeira.-No caso dos coutos de salmón nos cales remate a tempada ao chegar á cota anual, quen teña permisos expedidos con anterioridade poderá solicitar a devolución do importe ou trocalos por permisos para troita ou reo en calquera outro couto.
Segunda.-Facúltase o director xeral de Conservación da Natureza para ditar cantas normas sexan necesarias para o desenvolvemento desta orde.
Terceira.-Facúltase o director xeral de Conservación da Natureza para modificar as normas de funcionamento dos coutos de pesca durante as xornadas reservadas de conformidade co disposto nos artigos 30 e 32 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas
acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio). Estas modificacións requirirán unha solicitude da entidade titular da reserva de permisos, o informe favorable do Servizo Provincial de Conservación da Natureza e, no caso dos concursos deportivos oficiais, a práctica da modalidade de pesca sen morte.
Cuarta.-Facúltase o delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible en Pontevedra para ditar cantas normas sexan necesarias para a regulación da pesca da lamprea nos ríos Tea e Ulla.
Disposición derrogatoria
Derrógase a Orde do 20 de xaneiro de 2000 pola que se fixan as normas xerais de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 21, do 1 de febreiro).
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e manterase vixente ata a publicación da orde correspondente á tempada
do ano 2007.
Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2006.
Manuel Vázquez Fernández
Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible

This page is powered by Blogger. Isn't yours?

Suscribirse a Entradas [Atom]