12 marzo 2010

 

A Asociación de Pescadores da Ulloa e ó IES de Monterroso firman un convenio de colaboración medioambiental o que suman institucións e empresas

A Asociación de Pescadores da Ulloa e ó IES de Monterroso firman un convenio de colaboración medioambiental motivado por las inquedanzas que a Asociación e ó IES teñen por este tema.
A Asociación de Pescadores da Ulloa comprométese a realizar xunto co IES de Monterroso, unha actividade mensual, sobre temas medioambientais, para o cal buscará os conferenciantes, os expositores, os medios para realizar actividades de campo e talleres, sobre os temas acordados entre eles, facéndose cargo dos materiais necesarios,dentro das súas posibilidades, para realizar todas estas tarefas, así mesmo realizará un concurso de pesca sin morte cos alumnos pescadores que o desexen durante a tempada de pesca e en periodo escolar, para o cal lles facilitará os materiais que precisen a aqueles alumnos que careceran deles, para que poidan participar no mesmo, ademais realizará cursos de iniciación á pesca sen morte para todos aqueles alumnos que queiran iniciarse neste deporte, fomentará entre os alumnos do centro o conservaciónismo e a sostenivilidade medioambiental.

O IES de Monterroso compremétese a fomentar entre os alumnos do mesmo, a participación nestas actividades, e na xestión das mesmas, tamén a sondear entre eles as inquedanzas Medioambientais para orientar as actividades a realizar.

A Asociación de Pescadores da Ulloa , buscará, institucións e empresas que esteñan interesadas en participar neste convenio e en colaborar económicamente neste proyecto de educación medioambiental, facilitando ás mesmas o acceso á firma e ampliación deste convenio.

Nada máis nacer este convenio, o Concello de Monterroso a través do seu alcalde Antonio Gato sumouse o mesmo, dado que a iniciativa paraceulle excelente e está na linea das actividades que eles están a fomentar.


Tamén se sumaron para a apoyar esta iniciativa duas das empresas mais importantes do Concello, Alibos Galicia, S.L e Materiales de Construcción Pena, S.L. as cales según palabras dos seus administradores fomentan estas lineas de conservacionismo e sotenibilidade dentro das suas propias empresas nas actividades diarias, polo que lles parece unha excelente oportunidade para colaborar na formación das novas xeneracions.

A Asociación de Pescadores da Ulloa, manda desde estas lineas unha invitación a todalas empresas, particulares, colexios e a outras Asociacións do Concello ou de concellos limitrofes para que se sumen a esta iniciativa, para que salga do carácter local e se poida extender a mesma sen limitacions.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?

Suscribirse a Entradas [Atom]