24 abril 2007

 

VII Concurso Social de Pescadores da Ulloa ( Discurso do Presidente )

Autoridades, troiteiras/os e acompañantes, amigas/os da Asociación de Pescadores da Ulloa.

Boas tardes e moitas gracias a todos por estar aquí con nos, neste VII Concurso social de Pescadores da Comarca da Ulloa.

É este un día moi especial para a Asociación, un día de lecer, por eso desexo que o disfrutemos con grande alegría e satisfacción.

A pesca, non debemos olvídalo, é un simple exercicio de ocio, unha sana distracción, é un elemental pasatempo. Queremos seguir pescando libremente, asumindo o noso compromiso co mantemento das especies.

Entendemos que os nosos grandes problemas da pesca son: o deterioro ambiental e a falta de repoboacións; efecto inmediato da insolidaridade humana, o consumo rresponsable de productos e a indolencia político-admininstrativa.

Nun tempo relativamente curto, a sociedade económicamente máis desenvolvida, foi determinante no crecemento de pescadores, convertindo esta actividade nun fenómeno social.

Por iso, para que todos poidamos exercer o noso dereito a pescar, vémonos na obriga de mante-las augas limpas, caudais ecolóxicos mínimos, repoboacións, vixilancia, e tamén en moitos casos un cambio da nosa mentalidade, así como un gran respecto pola normativa vixente, a fin de supera-la gran presión de pesca que están a soportar os nosos ríos.


Debemos asi mesmo, fomentar o compromiso dos concellos e a administración autonómica cos recursos naturais, de maneira que saiban convertilos en fonte de riqueza e instrumento que mellore a nosa calidade de vida.

A comarca da Ulloa, reúne unhas condicións excelentes para a práctica deste deporte. É pois, reponsabilidade de todos, conservar esta riqueza sabedores de que forma parte esencial do noso patrimonio.

E xa remato, non sin antes dar a noraboa os ganadores deste concurso e dicir que nos sentimos moi satisfeitos polo apoio e colaboración das institucións, socios, amigos, simpatizantes e persoas afíns a esta Asociación. Para todos, o noso agradecemento.

De seguido, farase entrega dos trofeos os ganadores deste concurso, e o secretario, dará lectura a acta da última reunión da xunta directiva, na que se acordou outorgar as insignias de ouro e prata da Asociación a persoas destacadas pola súa especial colaboración coas sociedades de pesca a prol da defensa dos nosos ríos, aquí presentes hoxe",D. Manuel Vázquez Fernández, Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia e D. Miguel Piñeiro Moure, Periodista, escritor, director e presentador do programa "Ríos e Montes" da Radio Galega, os que agradecemos aceptasen esta distinción, compartindo con nos este día.
Finalmente procederase o sorteo de artigos de pesca.

Moitas grazas

This page is powered by Blogger. Isn't yours?

Suscribirse a Entradas [Atom]