03 marzo 2008

 

Fotos I Taller de Montaje





 

I Taller de Montaje da Ulloa

En el I Taller de Montaje que celebró la Asociación de Pescadores da Ulloa se juntaron por una parte el Arte del Montaje y por el otro la efectividad, de Paco Redondo se puede decir que es un artista del montaje, el realiza obras de arte, emplea materiales del dia a día para hacer sus espectaculares obras, sus cuadros de esposicion y David Garcia es la eficacia, la perfección, sus montajes son 100 % efectivos estan destinados a la alta competición, no pueden fallar, el menor fallo puede costar una clasificación.
Enhorabuena a los dos y gracias por compartir vuestra sabiduria y esperiencia con una humilde Asociación como la nuestra, gracias.

01 marzo 2008

 

Normativa 2008


Diario Oficial de Galicia
venres, 29 de febreiro de 2008II. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLEOrde do 22 febreiro de 2008 pola que se establecen as normas de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada 2008.Orde do 22 febreiro de 2008 pola que se establecen as normas de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada 2008.Os artigos 46 e 47 do Decreto 130/1997, do 14 maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, recollen a obriga da Administración de adoptar, mediante unha orde anual, as normas xerais de pesca fluvial de distintas especies ictícolas e dos demais seres vivos que habitan as augas continentais de Galicia.Neste sentido, establécense nestes artigos os contidos mínimos das normas xerais que deben figurar na orde, así, épocas hábiles, tamaños mínimos das especies e as cotas de captura, tipos de engado que se empregarán con cada especie e as modalidades de pesca permitidas, prevéndose, así mesmo, a súa aprobación polo conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.En virtude do anterior, en concordancia co disposto no artigo 27.15º do Estatuto de autonomía e en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e a súa Presidencia,DISPOÑO:Artigo 1º.-Normas para a pesca do salmón.1. Períodos hábiles.a) Coutos de Abres, A Pontenova e San Tirso: do 16 de marzo ao 31 de xullo.b) Coutos de Betanzos, Celeiro, Couso, A Frieira, Monteporreiro, Salmeán, Sinde e Ximonde: do 1 de maio ao 31 de xullo.c) Outras masas de auga: non se autoriza a captura do salmón.2. Dimensións mínimas e cotas de captura.a) Para os efectos do disposto no artigo 20 da Lei de pesca fluvial e no 71 do seu regulamento, fíxase unha dimensión mínima de 40 cm.b) Cota de captura por persoa e xornada: un exemplar.c) Cotas anuais de captura: 15 exemplares no río Lérez, 5 no río Mandeo, 40 no río Masma, 5 no río Miño, 50 no río Ulla e 10 no couto de Salmeán. No resto dos coutos autorizados no río Eo non se establece cota anual de captura.3. Engados.a) Engados artificiais autorizados: mosca artificial, culleriña e peixes artificiais ou semellantes. Do 1 de xuño ata a fin da tempada prohíbese a culleriña, coa única excepción do couto da Frieira.b) Engados naturais autorizados: miñoca e quisquilla. Só poderán empregarse con anzois de dimensións maiores ou iguais que as que se sinalan no anexo I desta orde.4. Prescricións especiais para as capturas de salmón.En todos os salmóns capturados se comprobará a existencia de micromarcas magnéticas na cartilaxe nasal no momento de seren precintados e guiados.Dado que os salmóns micromarcados proceden das repoboacións efectuadas pola Administración galega ou por outras administracións españolas ou estranxeiras, débense recuperar as micromarcas mediante a extracción dun fragmento da cartilaxe nasal en que se atope a citada micromarca magnética. Nestes casos, deberase prestar a colaboración necesaria e permitir a permanencia do salmón no centro de precintaxe o tempo necesario para a recuperación da micromarca magnética propiedade da Administración autora da repoboación.Artigo 2º.-Normas para a pesca do reo.1. Períodos hábiles.a) Coutos de Betanzos, Celeiro (lotes 2 e 3), Couso, Lambre, Monteporreiro, Noia, Noval, Ombre, A Ponte do Porto, Ribeiras, Segade, Sinde, Viveiro (lotes 2 e 3), Ximonde e Xuvia: do 1 de maio ao 30 de setembro.b) Coutos de Abres, A Pontenova e San Tirso: do 18 de maio ao 15 de agosto.c) Zonas de desembocadura (anexo do Decreto 282/2002): non se autoriza a captura do reo.d) Outras masas de auga: do 1 de maio ao 15 de agosto.2. Dimensións mínimas e cotas de captura.a) Para os efectos do disposto no artigo 20 da Lei de pesca fluvial e no 71 do seu regulamento, fíxase unha dimensión mínima de 30 cm.b) Cota de captura por persoa e xornada: cinco exemplares.c) Nos coutos de Abres, A Pontenova e San Tirso a dimensión mínima será de 25 cm e a cota de captura de 8 troitas ou reos.3. Engados.a) Engados artificiais autorizados: mosca artificial, culleriña, risco e peixes artificiais e semellantes.b) Engados naturais autorizados: todos os engados naturais agás todo tipo de ovas de peixes e o peixe natural vivo, morto ou en anacos. Os engados naturais só poderán empregarse con anzois de dimensións maiores ou iguais que as que se sinalan no anexo I desta orde.c) Prescricións especiais para engados artificiais nas masas de auga salmoneiras do anexo II: a culleriña e mais os peixes artificiais e semellantes só poderán empregarse con sedela monofilamento dun diámetro menor ou igual a 0,2 mm. A culleriña terá un tamaño máximo de 6,5 cm, medidos entre a argola superior e a curvatura do anzol. Do 1 de xuño ata a fin da tempada, prohíbese a culleriña nos tramos salmoneiros dos ríos Eo e Landro, e mais no tramo do río Masma augas abaixo da Ponte da Cazolga (límite superior do couto de Celeiro). No mesmo período e no tramo do río Eo antes sinalado, prohíbense tamén os peixes artificiais e semellantes.d) Prescricións especiais para engados naturais nas masas de auga salmoneiras do anexo II: unicamente se autorizan a mosca natural, o saltón, o grilo, o besbello (larva de odonato) e mais a gusarapa ou bechoco (larva de efemeróptero). Estes engados naturais autorizados unicamente poderán empregarse a floreo (en superficie). No tramo salmoneiro do río Landro e mais no tramo do río Masma augas abaixo da Ponte da Cazolga (límite superior do couto de Celeiro) prohíbense os engados naturais.Artigo 3º.-Normas para a pesca da troita.1. Períodos hábiles.a) Masas de auga salmoneiras do anexo II desta orde: do 1 de maio ao 15 de agosto.b) Masas de auga de reo do anexo III desta orde: do 1 de maio ao 15 de agosto.c) Cabeceiras de ríos de montaña do anexo IV desta orde: do 1 de maio ao 15 de agosto.d) Coutos e tramos de pesca sen morte: do 16 de marzo ao 30 de setembro.e) Coutos de pesca intensiva: do 16 de marzo ao 30 de setembro.f) Coutos de Abres, A Pontenova e San Tirso: do 18 de maio ao 15 de agosto.g) Tramo do río Navia compartido con Asturias: do 16 de marzo ao 15 de agosto.h) Tramo do río Bibei compartido con Zamora: do 27 de abril ao 15 de agosto.i) Outras masas de auga: do 16 de marzo ao 15 de agosto.j) Zonas de desembocadura (anexo do Decreto 282/2002): non se autoriza a captura da troita común (Salmo trutta).2. Dimensións mínimas e cotas de captura.a) Para os efectos do disposto no artigo 20 da Lei de pesca fluvial e no 71 do seu regulamento, fíxase unha dimensión mínima de 17 cm con carácter xeral, sen prexuízo das normas específicas que se establecen neste mesmo artigo para determinadas masas de auga.Cota máxima de captura por persoa e xornada: 10 exemplares, sen prexuízo das normas específicas que se establecen neste mesmo artigo para determinadas masas de auga.b) Normas específicas en masas de auga do anexo V: dimensión mínima 19 cm ou 21 cm, e cota de 10 e 8 exemplares por persoa e xornada, respectivamente.c) Normas específicas en toda a masa de auga dos encoros dos anexos VI e VII: dimensión mínima 23 cm e cota de 5 exemplares por persoa e xornada.d) Normas específicas nos coutos de Abres, A Pontenova e San Tirso: dimensión mínima 25 cm e a cota de 8 troitas ou reos por persoa e xornada.e) Nunha masa de auga concreta non se poderá estar en posesión de troitas de menor tamaño que o autorizado, mesmo cando fosen pescadas noutro lugar, agás no caso de que se estea de paso, con todos os aparellos e engados recollidos e, se é o caso, as canas pregadas.f) Nos ríos en que haxa troita e mais reo, só se poderá capturar un número de pezas igual ao da cota da troita, das cales un máximo de 5 exemplares poderán ser reos, coa excepción antes sinalada nos coutos de Abres, A Pontenova e San Tirso.g) Os salmónidos procedentes de fuxidas accidentais de centros de acuicultura, caso da troita arco da vella (Oncorhynchus mykiss), poderán ser capturados sen límite no tamaño mínimo nin na cota de captura.3. Engados.a) Engados artificiais autorizados: mosca artificial, culleriña e peixes artificiais e semellantes.b) Engados naturais autorizados: todos os engados naturais agás todo tipo de ovas de peixes e o peixe natural vivo, morto ou en anacos. Os engados naturais só poderán empregarse con anzois de dimensións maiores ou iguais que as que se sinalan no anexo I desta orde.c) Prescricións especiais para engados artificiais nas masas de auga salmoneiras do anexo II: a culleriña e mais os peixes artificiais e semellantes só poderán empregarse con sedela monofilamento dun diámetro menor ou igual a 0,2 mm. A culleriña terá un tamaño máximo de 6,5 cm, medidos entre a argola superior e a curvatura do anzol. Do 1 de xuño ata a fin da tempada prohíbese a culleriña nos tramos salmoneiros dos ríos Eo e Landro, e mais no tramo do río Masma augas abaixo da Ponte da Cazolga (límite superior do couto de Celeiro). No mesmo período e no tramo do río Eo antes sinalado, prohíbense tamén os peixes artificiais e semellantes.d) Prescricións especiais para engados naturais nas masas de auga salmoneiras do anexo II: unicamente se autorizan a mosca natural, o saltón, o grilo, o besbello (larva de odonato) e mais a gusarapa ou bechoco (larva de efemeróptero). Estes engados naturais autorizados unicamente poderán empregarse a floreo (en superficie). No tramo salmoneiro do río Landro e mais no tramo do río Masma augas abaixo da Ponte da Cazolga (límite superior do couto de Celeiro) prohíbense os engados naturais.e) Outras prescricións especiais para engados naturais: no anexo VIII establécense as masas de auga e que se prohíbe o engado natural a partir do 1 de xullo. Outras prescricións especiais para engados naturais recóllense nos réximes especiais do anexo XII.Artigo 4º.-Normas para a pesca dos ciprínidos e da perca negra.1. Períodos hábiles.a) Masas de auga salmoneiras do anexo II desta orde: do 1 de maio ao 15 de agosto.b) Masas de auga de reo do anexo III desta orde: do 1 de maio ao 15 de agosto.c) Cabeceiras de ríos de montaña do anexo IV desta orde: do 1 de maio ao 15 de agosto.d) Encoros do anexo VII: todo o ano.e) Outras masas de auga: do 16 de marzo ao 15 de agosto.2. Engados.a) Engados artificiais autorizados: mosca artificial, culleriña, peixes artificiais, engados de superficie (comunmente coñecidos como poppers e plugs) e engados de materiais plásticos ou semellantes (comunmente coñecidos como vinilos).b) Engados naturais autorizados: todos os engados naturais agás todo tipo de ovas de peixes e o peixe natural vivo, morto ou en anacos. Os engados naturais só poderán empregarse con anzois de dimensións maiores ou iguais que as que se sinalan no anexo I desta orde.c) Con carácter xeral, prohíbense aqueles engados e tamaños de anzol prohibidos para salmón ou reo na mesma masa de auga e no mesmo período.d) Autorízase cebar as augas para a captura de ciprínidos nos encoros do anexo VII. Esta ceba das augas poderá realizarse con engados vexetais ou pensos.e) A partir do 15 de agosto, nos encoros do anexo VII poderanse empregar anzois de calquera tamaño para a captura de ciprínidos con engados vexetais ou asticot, quedando prohibidos outros engados. No mesmo período, para a captura de perca negra poderanse empregar, ademais dos anteriores, peixes artificiais, engados de superficie (comunmente coñecidos como poppers e plugs) e engados de materiais plásticos ou semellantes (comunmente coñecidos como vinilos).Artigo 5º.-Normas para a pesca do sábalo (Alosa alosa).1. Períodos hábiles.a) Tramo do río Ulla comprendido entre a presa de Couso e a desembocadura: do 1 de maio ao 8 de xuño.b) Outras masas de auga: non se autoriza a captura do sábalo.2. Dimensións mínimas e cotas de captura.a) Para os efectos do disposto no artigo 20 da Lei de pesca fluvial e no 71 do seu regulamento, fíxase unha dimensión mínima de 20 cm.b) Cota de captura por persoa e xornada: cinco exemplares.3. Engados.Con carácter xeral, prohíbense aqueles engados e tamaños de anzol prohibidos para salmónidos na mesma masa de auga e no mesmo período.Artigo 6º.-Normas para a pesca da anguía.1. Períodos hábiles.a) Masas de auga salmoneiras do anexo II desta orde: do 1 de maio ao 15 de agosto.b) Masas de auga de reo do anexo III desta orde: do 1 de maio ao 15 de agosto.c) Zonas de desembocadura (anexo do Decreto 282/2002): todo o ano.d) Río Eo: vedada.e) Outras masas de auga: do 16 de marzo ao 15 de agosto.2. Dimensións mínimas.Para os efectos do disposto no artigo 20 da Lei de pesca fluvial e no 71 do seu regulamento, fíxase unha dimensión mínima de 20 cm.3. Engados.Con carácter xeral, prohíbense aqueles engados e tamaños de anzol prohibidos para salmónidos na mesma masa de auga e no mesmo período.4. Réxime especial da angula ou meixón.A pesca da angula ou meixón rexerase polas seguintes normas:-Período hábil: do 1 de novembro ao 31 de marzo.-Masas de auga autorizadas: zonas de desembocadura das provincias de Lugo e A Coruña (anexo do Decreto 282/2002).-A pesca efectuarase durante as seis horas de subida da marea nocturna, desde o quinto día anterior á lúa nova ata o quinto día posterior, isto é, durante 11 noites consecutivas.-Só se autoriza a captura desde terra, quedando prohibida para todos os efectos a pesca desde embarcación.-A única arte autorizada é o trueiro ou cribo, cun diámetro máximo na boca de 70 cm.-En función da evolución da tempada, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza, por proposta do Servizo Provincial de Conservación da Natureza, poderá restrinxir a pesca nunha ou varias zonas, establecer cotas de captura, modificar as datas da campaña ou establecer cantas normas complementarias sexan precisas para garantir o correcto desenvolvemento da temporada de pesca da angula e protexer o recurso.Artigo 7º.-Réxime especial da lamprea.A pesca da lamprea autorízase unicamente nos ríos Tea e Ulla.As normas de pesca son as que se recollen na Resolución do 25 de outubro de 2007, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dita a normativa para a pesca da lamprea no río Ulla e se fixa o período e condicións para presentar as solicitudes para a súa adxudicación no vindeiro ano 2008 (DOG nº 221, do 15 de novembro de 2007) e mais na Resolución do 3 de outubro de 2007, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dita a normativa para a pesca da lamprea no río Tea e se fixa o período e condicións para presentar as solicitudes para participar no sorteo de postos de pesca, no vindeiro ano 2008 (DOG nº 210, do 30 de outubro de 2007).Artigo 8º.-Réxime especial do cangrexo vermello americano.1. Períodos hábiles.a) Encoros de Sabón e Cecebre (agás tramos vedados): todo o ano.b) Ríos Sil e Bibei: todo o ano.c) Ríos Furnia, Hospital e Pego (afluentes do baixo Miño) augas abaixo da estrada PO-552 (Vigo-Tui) en todos os casos: todo o ano.d) Canles e pozas da antiga lagoa de Antela, poza dos Milagres (concello de Maceda), pozas de Rioseco (concello de Paderne de Allariz), pozas de Niñodaguia (concello de Xunqueira de Espadanedo) e coiñais de Oímbra (concello de Oímbra): todo o ano.e) Tramo do río Xallas entre a presa de Ventín e a presa do encoro da Fervenza: do 16 de marzo ao 15 de agosto.f) Encoros de Belesar e Os Peares, nos tramos incluídos no réxime especial de encoros do anexo VII: todo o ano.g) Outras masas de auga: non se autoriza a captura do cangrexo vermello americano.2. Dimensións mínimas e cotas de captura.Non se establecen dimensións mínimas nin cotas de captura.3. Artes de pesca.A única arte autorizada é o retel. Cada persoa só poderá empregar un máximo de 10 reteis.4. Normas adicionais.a) Cada persoa non ocupará cos seus reteis máis de 100 m de río ou de beira de encoro.b) Prohíbese a comercialización das capturas.c) Todas as capturas deberán ser sacrificadas na zona de pesca; para isto, inmediatamente despois da captura de cada animal, haberá que tirarlle o apéndice central do rabo, de tal xeito que se tire tamén parte do tubo dixestivo do animal.d) En función da evolución da tempada, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza, por proposta do Servizo Provincial de Conservación da Natureza, poderá restrinxir a pesca nunha ou varias zonas, establecer cotas de captura, modificar as datas da campaña ou establecer cantas normas complementarias sexan precisas para garantir o correcto desenvolvemento da temporada de pesca.Artigo 9º.-Réxime especial de especies de esteiro (robaliza, muxo, solla…).1. Períodos hábiles.a) Masas de auga salmoneiras do anexo II desta orde: do 1 de maio ao 15 de agosto.b) Masas de auga de reo do anexo III desta orde: do 1 de maio ao 15 de agosto.c) Zonas de desembocadura (anexo do Decreto 282/2002): todo o ano.d) Outras masas de auga: do 16 de marzo ao 15 de agosto.2. Dimensións mínimas e cotas de captura.a) A dimensión mínima de captura para cada unha destas especies será a establecida na normativa de pesca marítima.b) A cota máxima de capturas por persoa e día será de 5 kg para o total de pezas capturadas, podendo non computarse o peso dunha peza. Só se permitirá a tenza dunha peza que exceda o peso do tope establecido.3. Engados.Engados autorizados: xorra ou becho de mar (Nereis sp), pulga de mar ou miolo de pan. Así mesmo, autorízase a pesca deportiva de cefalópodos con poteira.Artigo 10º.-Especies vedadas.a) Védanse en todas as masas de auga as seguintes especies: cangrexo de río (Austropotamobius pallipes pallipes), reñosa (Rutilus arcasii), espiñento (Gasterosteus aculeatus) e saboga (Alosa falax).b) Védase a anguía no río Eo.Artigo 11º.-Xornadas hábiles.Con carácter xeral, decláranse os luns como inhábiles para a pesca, agás festivos nacionais ou autonómicos.Nos coutos de pesca serán tamén inhábiles os xoves, agás festivos nacionais ou autonómicos.Nos tramos do río Navia compartidos con Asturias e nos coutos de Abres, A Pontenova e San Tirso serán inhábiles os xoves, agás festivos nacionais.Nas zonas de desembocadura (anexo do Decreto 282/2002) e mais nos encoros en que se autoriza a pesca de ciprínidos e perca negra durante todo o ano (anexo VII) serán hábiles todos os días da semana para a captura destas especies.Artigo 12º.-Horas de pesca.De conformidade co disposto no artigo 31.3º da Lei de pesca fluvial, só se poderá practicar a pesca no período comprendido entre unha hora antes da saída do sol e unha hora despois do solpor. As horas oficiais serán as establecidas na páxina web de MeteoGalicia (http://www.meteogalicia.es/galego/predicion/orto/orto.asp), debéndose tomar como referencia a localidade máis próxima ao punto onde se estea a pescar.Dez minutos antes do comezo e dez minutos despois da finalización da xornada de pesca todos os aparellos e engados deberán estar recollidos e, se é o caso, as canas pregadas.Artigo 13º.-Modalidades de pesca.Como regla xeral, e para todas as especies, só se autoriza a pesca con cana, sen prexuízo da regulamentación específica da anguía, angula ou meixón, lamprea e cangrexo vermello americano.Prohíbese o aparello coñecido como «de ninfa» e calquera outro semellante, lastrado no seu extremo e que arrastre polo fondo.Artigo 14º.-Canas de pescar e utensilios auxiliares.a) De conformidade co disposto no artigo 51 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, para a pesca de salmónidos en tramos de ríos só se permite o emprego dunha cana por persoa e dunha sacadeira ou un lazo como elemento auxiliar.b) Para a pesca desde embarcacións só se poderá empregar unha cana por persoa, autorizándose un máximo de tres canas por embarcación, aínda que o número de persoas embarcadas sexa maior.c) Nas zonas de desembocadura (anexo do Decreto 282/2002) e nos encoros que se relacionan nos anexos VI e VII desta orde, autorízase o emprego de dúas canas desde a beira e a unha distancia máxima do pescador ou pescadora de tres metros.Artigo 15º.-Pesca desde embarcación.De conformidade co disposto no artigo 17 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, só se poderá pescar desde embarcacións ou artefactos aboiantes nas zonas de desembocadura e naquelas masas de auga expresamente autorizadas nos anexos VI e VII desta orde, sen prexuízo das competencias dos organismos responsables da navegación e a flutuación nas zonas de desembocadura ou nas masas de auga continentais.Artigo 16º.-Pesca sen morte.Nos coutos e tramos de pesca sen morte rexerán as seguintes normas:-Autorízanse unicamente a mosca artificial nas súas distintas modalidades e a culleriña cun só anzol e sen arponciño, quedando prohibido para todos os efectos o engado natural.-Todas as capturas deberán ser devoltas á auga inmediatamente despois da súa extracción.-Non se poderá ter ningún peixe, aínda que fose pescado noutro tramo.-Os mércores poderán reservarse os permisos de couto para actividades educativas, solicitadas por entidades interesadas na mellora do medio fluvial. Nestes casos expediranse os permisos gratuitamente, podéndose ampliar o número máximo de permisos por causas xustificadas.No anexo IX recóllense os tramos libres en que unicamente se poderá practicar a pesca sen morte.Artigo 17º.-Normativa dos coutos.Apróbase a normativa dos coutos de pesca que figura no anexo X desta orde.Artigo 18º.-Vedas e réximes especiais.a) Védanse as masas de auga que se relacionan no anexo XI desta orde.b) Apróbanse os réximes especiais provinciais que figuran no anexo XII desta orde.Disposicións adicionais.Primeira.-No caso dos coutos de salmón nos cales remate a tempada ao chegar á cota anual, quen teña permisos expedidos con anterioridade poderá solicitar a devolución do importe ou trocalos por permisos para troita ou reo en calquera couto, en función das dispoñibilidades do servizo provincial.En todo caso, para o reintegro do importe, será preciso presentar unha solicitude escrita á cal se xunte o permiso e mais unha copia do impreso de pagamento en que figuren os datos do titular do permiso.Con carácter xeral, o prazo de solicitude para devolucións ou trocos será de dez días contados a partir do peche da tempada no couto; transcorrido este prazo, só procederá a devolución ou o troco cando se solicite antes da data de vixencia do permiso.Segunda.-Facúltase o director xeral de Conservación da Natureza para ditar cantas normas sexan necesarias para o desenvolvemento desta orde.Terceira.-Facúltase o director xeral de Conservación da Natureza para modificar as normas de funcionamento dos coutos de pesca durante as xornadas reservadas de conformidade co disposto nos artigos 30, 32 e 33 do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais. Estas modificacións requirirán unha solicitude da entidade titular da reserva de permisos con anticipación mínima de quince días, o informe favorable do Servizo Provincial de Conservación da Natureza e, no caso dos concursos deportivos oficiais ou das entidades colaboradoras, a práctica da modalidade de pesca sen morte.Cuarta.-Facúltase o delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible en Pontevedra para ditar cantas normas sexan necesarias para a regulación da pesca da lamprea nos ríos Tea e Ulla.Disposición derradeiraEsta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e manterase vixente ata a publicación da orde correspondente á tempada do ano 2009.Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2008.Manuel Vázquez FernándezConselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento SostibleVer referencia pdf "04300D011P055.PDF"ANEXO VIIIMasas de auga en que se prohibe o engado natural a partir do 1 de xullo* Provincia de Lugo.Río Búbal.Río Cabe e afluentes.Río Eo e afluentes: desde o nacemento do río ata o límite superior do couto de Vilarmide.Río Ladra: couto de Begonte.Río Landro: entre a desembocadura do río das Balsadas (concello de Ourol) e a presa de Salto do Can (concellos de Ourol e Viveiro), nunha lonxitude aproximada de 3,6 km.Río Loio: entre o nacemento (concellos de Sarria e Paradela) e a desembocadura no encoro de Belesar (concello de Paradela), nunha lonxitude aproximada de 20 km.Río Lor e afluentes: agás no tramo comprendido entre o límite inferior do couto da Labrada e a desembocadura no río Sil, cunha lonxitude aproximada de 6,1 km, e no tramo comprendido entre A Ponte de Froxán (concello de Folgoso do Courel) e o límite superior do couto da Labrada, cunha lonxitude aproximada de 6,5 km.Río Lóuzara.Río Navia e afluentes.Río Neira e afluentes: agás no tramo autorizado para a pesca de ciprínidos, augas abaixo do couto de Pobra, no tramo do río Sarria augas abaixo da ponte da estrada de Samos (rúa Calvo Sotelo do núcleo urbano de Sarria) e no curso principal do río Tordea.Río Sil e afluentes: toda a rede hidrográfica vertente no río Sil non incluída en parágrafos anteriores, coa excepción do curso principal deste.* Provincia de Ourense.Todas as masas de agua da provincia agás nas que a seguir se relacionan:-Encoros nos que se autoriza a pesca de ciprínidos e perca negra durante todo o ano (anexo VII desta orde).-Encoros de Penarrubia (río Sil), Cenza (río Cenza), Leboreiro (río Mao), San Agustín ou Pías (río Bibei).-Río Miño: curso principal.-Río Sil: curso principal.-Río Avia: entre a presa de Albarellos e a desembocadura no río Miño.-Río Támega: entre a ponte da estrada N-525 e a fronteira con Portugal.-Río Arnoia: entre a desembocadura do río Ourille e a desembocadura no río Miño.-Río Arenteiro: tramo de pesca intensiva do couto do Carballiño.* Provincia da Coruña.Río Furelos: couto de Furelos.ANEXO IXTramos libres de pesca sen morteNa táboa deste anexo inclúense os tramos fluviais en que unicamente se poderá practicar a modalidade de pesca sen morte. Na columna titulada «km» figura a lonxitude aproximada do tramo expresada en quilómetros.Ver referencia pdf "04300D011P055.PDF"ANEXO XNormativa de coutosNas táboas deste anexo inclúense os coutos de pesca fluvial da comunidade autónoma xunto coas súas normas básicas de funcionamento. Na columna titulada «Cat.» figura a categoría dos permisos de pesca, tendo en conta que nun mesmo couto ou tramo os permisos de inferior categoría só se expiden no caso de veda da especie principal. Na columna titulada «Cm troita» figura a dimensión mínima da troita, en centímetros, que rexerá no couto. Na columna titulada «Núm. troita» figura a cota de captura de troitas por persoa e xornada. Na columna titulada «Lab.» figura o número de permisos diarios de luns a venres. Na columna titulada «S-D-F» figuran os permisos de pesca diarios os sábados, domingos ou festivos. Na columna titulada «inhábil» figuran os dáis inhábiles do Couto.Ver referencia pdf "04300D011P055.PDF"ANEXO XIMasas de auga vedadasNas táboas deste anexo inclúense os tramos fluviais que permanecerán vedados durante toda a tempada de pesca. Na columna titulada «km» figura a lonxitude aproximada do tramo expresada en quilómetros. Cando a veda inclúe todos os afluentes existentes no tramo, na columna titulada «Obs» figura o texto «Afluentes»; nesta mesma columna tamén se fan constar, se é o caso, algunhas outras particularidades da veda.Ver referencia pdf "04300D011P055.PDF"ANEXO XIIRéximes especiaisRéximes especiais da provincia da Coruña.-Lagoa da Frouxeira (concello de Valdoviño).Autorízase a pesca de especies de esteiro (robaliza, muxo, solla...) e anguía durante todo o ano.-Río Ulla e afluentes.No curso principal augas abaixo da presa de Portodemouros e no último quilómetro de todos os afluentes que verten neste tramo, a pesca rexerase polos réximes especiais da provincia de Pontevedra, agás o río Sar.Réximes especiais da provincia de Lugo.-Río Cabe e afluentes.Autorízase a pesca de ciprínidos ata o 1 de novembro desde A Presa do Cubano (concello de Monforte de Lemos) ata A Ponte Vella de Canaval (concellos de Sober e Pantón), nunha lonxitude aproximada de 7,8 km.-Río Eo e afluentes.A tempada da troita comezará o 16 de marzo no tramo 1 do couto de Vilarmide. Entre esta data e o 1 de maio expediranse 12 permisos diarios.Con motivo da Festa da Troita na Pontenova autorízase un concurso de pesca o día 1 de maio nos coutos de Vilarmide (augas abaixo da Presa da Treita), Xinzo, Salmeán e A Pontenova (lotes 1, 2 e 3), así como no tramo libre da Pontenova. Neste tramo, só poderá pescar quen participe no concurso.-Río Masma.No tramo comprendido entre O Pozo dos Cantos (concellos de Barreiros e Foz) e A Ponte da Espiñeira prorrógase ata o 30 de setembro a pesca de robaliza, muxe, solla e anguía con xorra (Nereis sp.), pulga de mar ou miolo de pan.Amplíase a zona autorizada para a captura da angula ata A Ponte de Barral.-Río Miño.Autorízase a pesca de ciprínidos durante todo o ano no tramo comprendido entre A Presa do Rei Chiquito (concello de Lugo) e A Acea do Vilar (concello de Lugo), nunha lonxitude aproximada de 5 km.Nos caneiros autorizados nos concellos do Páramo, Portomarín, Guntín e Paradela, os períodos hábiles serán os que estableza a Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.-Río Neira e afluentes.Autorízase a pesca de ciprínidos durante todo o ano entre A Ponte de Neira, límite inferior do couto da Pobra, (concellos do Corgo e O Páramo) e a desembocadura no río Miño, nunha lonxitude aproximada de 4 km.-Río Ulla.Tramo de pesca sen morte: desde A Ponte Pedriña (límite superior do couto de Monterroso) ata A Presa do Alemán (concellos de Antas de Ulla e Monterroso), nunha lonxitude aproximada de 1,6 km. A partir do 15 de agosto expediranse diariamente catro permisos de pesca sen morte.Réximes especiais da provincia de Ourense.Prohíbese a pesca de salmónidos con asticot ou becho branco durante toda a tempada hábil en todas as augas.-Río Arenteiro.Á altura das plataformas existentes no tramo de pesca intensiva do couto do Carballiño, resérvanse 150 m para uso exclusivo por persoas minusválidas.No tramo 1 do couto do Carballiño, a tempada de pesca finalizará o 30 de xuño.-Río Arnoia.No primeiro tramo do couto dos Medos, comprendido entre a ponte de Parada a Igrexa e a ponte da estrada Maceda-Vilar de Barrio, prohíbese o uso de engado natural durante toda a tempada hábil. No resto do couto, prohíbese a pesca de calquera especie utilizando como engado o asticot.No couto de Celanova prohíbese a pesca de calquera especie utilizando como engado o asticot.Autorízase durante todo o ano a pesca de ciprínidos no tramo comprendido entre A Presa de Acearrica (concello de Allariz) e A Presa do Buraco (concello de Allariz), nunha lonxitude aproximada de 0,7 km.No couto de Allariz, a tempada de pesca finalizará o 31 de xullo.O tramo do couto de Allariz comprendido entre o límite superior e a pasarela de pedra do Rexo, dunha lonxitude aproximada de 200 m, resérvase para actividades da aula da natureza. Para calquera outro fin, o tramo considerarase vedado.-Río Limia.No couto de Ponteliñares, a tempada de pesca finalizará o 31 de xullo. Neste mesmo couto, prohíbese a pesca de calquera especie utilizando como engado o asticot.-Río Mao.No tramo de pesca sen morte do couto de Montederramo, a tempada de pesca finalizará o 15 de agosto.No encoro de Leboreiro (couto de Montederramo) permítese o uso de dúas canas ao parado.-Río Miño.Desde o remate da tempada hábil ata o 31 de outubro autorízase exclusivamente a pesca sen morte entre a presa de Velle (concello de Ourense) e a pasarela da illa de Maimón (Reza-concello de Ourense), nunha lonxitude aproximada de 5,6 km. A partir do 1 de novembro permítese a pesca de ciprínidos e black-bass ou perca negra desde a beira do río, no tramo comprendido entre o viaduto do ferrocarril (concello de Ourense) e Ponte do Ribeiriño ou Ponte Novísima (concello de Ourense), nunha lonxitude aproximada de 1,2 km.-Río Sil.Autorízase a pesca de criprínidos e black-bass ou perca negra durante todo o ano no tramo comprendido entre A Ponte de San Fernando (concello do Barco de Valdeorras) e a depuradora (concello do Barco de Valdeorras), nunha lonxitude aproximada de 2,5 km.-Río Viñao.No couto de Boborás prohíbese o uso do asticot como engado para todas as especies.Réximes especiais da provincia de Pontevedra.-Río Pontiñas ou de Cabirtas (afluente do Deza).Autorízase a pesca de ciprínidos durante todo o ano no tramo comprendido entre a parte superior da lagoa do Auditorio (límite superior) e a A Ponte da Devesa (límite inferior), no concello de Lalín.-Río Ulla.No tramo desde A Ponte de Catoira ata a ponte da estrada N-550 en Pontecesures, nunha lonxitude aproximada de 10 km, poderase pescar desde embarcacións ou artefactos aboiantes.Do 1 de maio ao 22 de agosto poderase utilizar xorra no tramo comprendido entre A Ponte de Catoira e a ponte da estrada N-550 en Pontecesures para a pesca de especies propias de esteiros (robaliza, muxe, anguía, solla, etc.).-Río Oitavén.Autorízase a pesca desde embarcación, en embarcacións sen motor, no encoro das Eiras.-Río Verdugo.Aprázase o inicio da tempada ata a data de celebración da Festa Municipal da Troita no tramo de pesca sen morte do couto de Ponte Caldelas. Con motivo desta festa autorízase a celebración dun concurso de pesca neste tramo, coas normas que estableza a entidade organizadora, logo de aprobación do servizo provincial.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?

Suscribirse a Entradas [Atom]